pmicchi escreveu:Talvez para um país europeu e membro da OTAN faça sentido operar um navio desse em conjunto com outros países aliados, mas eu me pergunto que tipo de missão poderia ser realizado pela Marinha Espanhola isoladamente (isto é, sem apoio de outros países) com uma força-tarefa centrada no navio com essa capacidade? Como projetar poder sobre territorio inimigo com apenas 12 caças? Numa situação extrema, poderiam ser operados 24 caças mas a capacidade ASW fica totalmente comprometida, além da total ausencia de capacidade AEW.
Parece que é cousa de meigas que, de cando en cando, aparezan este tipo de mensaxes falando do LHD...
En xeral soe aceptarse que este buque non iría só a calquera lugar onde houbese un conflicto. Soe aceptarse a presenza de 3-4 F-100, 2-3 F-80, 1-2 submariños S-70, 1-2 LPD e 10-12 Harrier con AMRAAM, asemade da Infantería de Marina, sobre 3000 membros...
Unha das avantaxes deste tipo de buques é a súa capacidade e ambivalencia. Podemos transportar á Infantería de Mariña, pero tamén os Leopard-2 ou os Helicopter Tiger do exército. Dependendo do tipo de operación ou mesmo do estado das operacións en terra, pódese achegar ó teatro un tipo ou outro de armamento.
A idea principal dos desembarcos na Armada é a de facerse cunha cabeza de praia coa Infantería de Mariña e logo o exercito reemplazala con maiores e mellores medios (os Leopard, por exemplo). todo isto pódese transportar co LHD, o cal é unha vantaxe grande para armadas medianas como a española ou a australiana. Evidentemente estamos a falar de F-100 sen Tomahawk, con eles poderíamos falar de ataques en profundidade que quizáis trocarían o sentido das operacións. A discusión sobre os tomahawk podería ser interesante. Sen eles, se se consigue tomar un aeroporto preto da zona de desembarco, os novos Tifóns cos misiles Taurus de amplo rango (400 kms de alcance), tamén poderían troca-lo senso das operacións.
Se esa zona de desembarco se pode garantir cos medios antiaéreos disponibles, é posible que se poida logo agrandar cos medios terrestres. Unha protección CAS gracias ós Harrier será sempre benvida destruindo por diante das forzas terrestres on nodos de comunicación, forzas terrestres enemigas, suministros... e protexendo desde lonxe cos AMRAAM a posible reacción da forza aérea enemiga detectada gracias ós SH-3 do LHD ou ó AEGIS das F-100.
Neste tipo de discusións ó final sempre se remata, despois da explicación teórica, parecida á de arriba, pensando onde podería funcionar na práctica. É dicir, cantos países no mundo poden enfrentarse a esa forza de tarefas descrita na descripción inicial (LHD, 12 Harrier con AMRAAM, F-100...) con garantías de éxito. E de todos eses, cantos non pertencen á OTAN. Para todo o demáis, esta forza de tarefas parece bastante suficiente para cubri-las necesidades defensivas dun país coma España.
Saúdos.